Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público aberto, con tramitación de urxencia, para a contratación da subministración de diverso material informático para o organismo autónomo Augas de Galicia.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades conferidas pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, acordou dar publicidade á adxudicación do concurso público seguinte:

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo Augas de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de diverso material informático consistente en dezaseis ordenadores persoais e 11 impresoras.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 230, do 29 de novembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado: cinco millóns cento cincuenta mil pesetas (5.150.000).

5. Adxudicación:

a) Data: 22 de decembro de 1999.

b) Contratista: CEMIGA.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cinco millóns cento vintecatro mil novecentas noventa e seis pesetas (5.124.996).

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónoma

Augas de Galicia