Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 133/1999 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 23 de decembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

133/1999Miguel Ángel Penas Prado y Otros, S.C.G-15.622.251Ronda da Coruña, nº 38, MelidePub Versus26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

15.000 ptas.

147/1999Ana Lucía Ribeiro MagnoX-0659569-KAvda. da Coruña, 31-1º, CamariñasBar California23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

208/1999Ramiro Casais Martínez52.458.940R/Amado Carballo, nº 3, RibeiraPub Ave Turuta23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

75.000 ptas.

215/1999José Luis Orgeira Díaz32.666.713R/Os Ánxeles, nº 101, 4º Esda., AresCafetería Kromlech26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

15.000 ptas.