Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións e cancelacións que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Ruanova SAT nº 1038 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Vilaradeira-Castelo-Trazo (A Coruña); obxecto

social: producción gandeira; capital social: 39.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Cubano SAT nº 1039 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Xesteda-Cerceda (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 28.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Granxa Areán SAT nº 984 XUGA, na asemblea xeral do 24 de setembro de 1999, acorda por unanimidade a alta dun socio e a baixa doutro socio, sen varia-lo capital social, así como a elección de nova xunta rectora, que queda integrada por: José Areán Areán, presidente, Genoveva Josefa Areán Jorge, secretaria e José Areán Carballo, vocal.

A Sociedade Agraría de Transformación Souto Fao SAT nº 918 XUGA, na asemblea xeral do 20 de decembro de 1999, acorda por maioría a elección da xunta rectora, que queda integrada por: Fernando Souto Louzao, presidente, Rafael Pedro Souto Carlín, secretario e Piedad Louzao Couto, vocal.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Cunicultura Costas SAT nº 769 XUGA, na asemblea xeral do 31 de xullo de 1999, con tódolos socios, acorda por unanimidade aproba-la súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Cunicultura Costas SAT nº 769 XUGA, na asemblea xeral do 15 de agosto de 1999, con tódolos socios acorda por unanimidade aproba-lo informe-balance final e a súa cancelación.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación