Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a adxudicación de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 24 de novembro de 1999 (DOG número 231, do 30 de novembro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión do día 12 de xaneiro de 2000 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 231, do 30 de novembro de 1999, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder tres bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I a esta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia, procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos de acordo coa relación de suplentes e que se inclúe no anexo desta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 122.000 ptas. mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2000.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director Xeral de Política Lingüística

ANEXO

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

Proxecto diccionarios de termos literarios

Sánchez Moreiras, Miriam36.097.737L

Suplente:

Rodríguez González, Norma34.265.920Z

Proxecto diccionarios de literatura galega

Cerqueiro Landín, Román52.110.609K

Souto Nieves, Mª Xosé33.301.506J

Suplentes:

Vázquez Recarey, Susana79.314.435Q

Munín Munín, Alicia33.299.904K