Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-337/1998 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación, con

forme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente.

Pontevedra, 21 de decembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción
InfrinxidoSancionador

I-337/98César Quintela Abonjo

Larazo

36590 Vila de Cruces

Queima en época de máximo perigo.Art. 138 a) do regulamento da LIFArt. 139 do regulamento da LIF15.000