Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/254-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Caraveles e Cabanela.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de metálicos e de formigón, en conductor LA-56. De 1.905 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T.A. Xallas e final no C.T.A. Cabanela. De 32 m de lonxitude, con orixe no apoio nº da liña anterior e final no C.T.A. Xallas existente. Liñas aéreas de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. De 520 m de lonxitude, con orixe no C.T.A. Xallas. De 65 m de lonxitude, con orixe no C.T.A. Cabanela. Rois.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña