Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/252-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Vicente.

Situación: Vilasantar.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. San Vicente, existente, e final en C.T. San Vicente que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en San Vicente. Redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 159 m de lonxitude, desde o C.T. San Vicente. 1.086 m de lonxitude, nos lugares de Pereiro, Vaamonde e Peteiro. De 481 m de lonxitude nos lugares de Vilar e Liñares. Vilasantar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 15 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña