Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de xaneiro de 2000 de modificación da forma de provisión do posto de Intervención da Deputación Provincial de Ourense reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 1999, adoptou o acordo de modifica-la forma de provisión do seu posto de Intervención, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, no sentido de que será sistema de libre designación, efectuando, así mesmo, a modificación da relación de postos de traballo de conformidade co previsto no artigo 27 do R.D. 1732/1994, do 29 de xullo, en relación co artigo 126.4º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Por isto, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do R.D. 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

A provisión do posto de Intervención da Deputación Provincial de Ourense, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, realizarase polo sistema de libre designación con convocatoria pública.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública