Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.414

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 20/2000, do 20 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dos membros do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno da universidade e dos intereses sociais nesa institución.

Unha vez rematado o prazo legal de catro anos no mandato dos representantes dos intereses sociais que integran o Consello Social da Universidade de Vigo procede o nomeamento dos seus substitutos, ou a súa renovación, por igual período.

Para tal fin as institucións determinadas no artigo 6 da citada Lei autonómica 5/1987 comunicaron á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os correspondentes acordos de designación dos seus representantes, así como remitiron os documentos de non incorreren en incompatibilidade as persoas propostas.

Por todo iso, dadas as designacións presentadas por cada un dos organismos e entidades correspondentes, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Renova-lo mandato, como membros do Consello Social da Universidade de Vigo, de Alfonso Zulueta

de Haz, Fernando Conde Montero-Ríos, Ernesto Baltar Feijóo, Alberto Iglesias Díaz, Amador Vázquez Vázquez, Manuel Bermúdez Couso, José Bernardo López Abadín, Antonio Pol González, Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego, Santos Héctor Rodríguez Díaz e Guillermo Alonso Jáudenes en representación dos intereses sociais de Galicia.

Artigo 2º

Renova-lo mandato de presidente do Consello Social da Universidade de Vigo a Alfonso Zulueta de Haz.

Artigo 3º

Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Vigo a:

-Julio Bernardo Estévez Fernández e Enrique Madalena Vila en representación do Parlamento de Galicia.

-Juan Ignacio Pérez Méndez en representación do sindicato Comisións Obreiras de Galicia, que substitúe a Emilio Bellas Jiménez.

-Manuel Rodríguez de la Fuente en representación das organizacións empresariais.

A tódalas persoas que cesan como membros do Consello Social da Universidade de Vigo, que son Antonio Gómez Rodríguez, Mª del Carmen Larriba García, Emilio Bellas Jiménez e Mª del Pilar Touriño Vázquez, agradécenselle-los servicios prestados.

Artigo 4º

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Vigo queda integrado polas seguintes persoas:

I. En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

-Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

-Margarita Estévez Toranzo, secretaria xeral da universidade.

-Julio Taboada Pérez, xerente da universidade.

-Luis Espada Recarey, membro da Xunta de Goberno.

-José M. Cid Fernández, membro da Xunta de Goberno.

-Manuel Fernández Areal, membro da Xunta de Goberno.

-José Tojo Suárez, membro da Xunta de Goberno.

-Alejandro Gómez Soler, membro da Xunta de Goberno.

-Víctor M. Martínez Cacharrón, membro da Xunta de Goberno.

-Luis Pérez Gómez, membro da Xunta de Goberno.

II. Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

-Manuel Bermúdez Couso.

-Julio Bernardo Estévez Fernández.

-Enrique Madalena Vila.

-José Bernardo López Abadín.

-Antonio Pol González.

-Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

-Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social.

-Fernando Conde Montero-Ríos.

-Ernesto Baltar Feijóo.

-Alberto Iglesias Díaz.

-Amador Vázquez Vázquez.

b) Designados polos sindicatos:

-Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

-Santos Héctor Rodríguez Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

c) Designados polas organizacións empresariais:

-Guillermo Alonso Jáudenes.

-Manuel Rodríguez de la Fuente.

Disposición derradeira

Única.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria