Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.408

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ACORDOS marco de subministracións.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. está interesado en realizar acordos marco de subministracións, non exclusivos, de material sanitario funxible, para a súa unidade de cirurxía cardíaca en Vigo.

Subministración: material depósito cirurxía cardíaca. Nº expediente: CTRL/02/2000

Subministración: material específico cirurxía cardíaca. Nº expediente: CTRL/03/2000.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6ºB Área Central-As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.,teléfono 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.