Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente. Sec.-2000000014).

Neste concello tramítase a delimitación do polígono B-22 dentro da área de reparto nº 22 do PXOM de Verín, por instancia de Fernando Vila Camino.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do concello durante o prazo de vinte días hábiles que se contarán desde a publicación deste anuncio no DOG.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta publicación substituirá á notificación dos interesados que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben, logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde