Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita, para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 2000/1-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo social: Avda. do Cruceiro da Coruña 201-A Santiago de Compostela.

Título: parque eólico Monte Castelo.

Concellos afectados: Lalín e Vila de Cruces.

Superficie afectada: 737,5 ha.

Coordenadas UTM (x, y):

V (568.500, 4.733.500); V (569.000, 4.733.500)

V (571.000, 4.732.000); V (568.000, 4.729.500)

V (568.000, 4.731.500); V (567.000, 4.732.000).

Potencia que se vai instalar: 31,68 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o

prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, nesta Delegación Provincial, sita na rúa Eduardo Pondal nº 64 de Pontevedra.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2000.

P.D.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra