Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. O Burgo (concello da Cañiza), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 3/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de refe

rencia que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícito a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 25 de outubro de 1999 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico, que, o día 22 de febreiro de 2000, a partir das 9.30 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio da Cañiza, sinalados cos números:

Predios: 1-8a.

Hora: 9.30.

Día: 22-2-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 3 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente A.T.: 99/3Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. O BurgoTermo municipal: A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1BurataMonte baixoAsociación Comuneros A Igrexa e outrosA Igrexa-Oroso, 1.

36885 A Cañiza

1 20,641001.000

7TapadasMonte baixoManuel Castro CastroO Burgo, Oroso, s/n

36885 A Cañiza

40,7245480

8/aE. Crtra.Monte altoAlfredo Sotelo Rodríguez e outrosAguas Solcis, S.L. Valdepereira-Granitos, S.L., s/n

32415 Ribadavia

40,7224384