Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. derivación G.E. Portas-A Moureira.
Situación: Portas.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo subterráneo, a 20 kV, de 363 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 188 m de lonxitude o tramo subterránea, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 7 da L.M.T. Portas ata o apoio nº 3 que se porxecta, continuando subterránea ata o C.T. do G.E. Portas-A Moureira. Concello de Portas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto
rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 29 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra