Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. 1º Travesía da Salgueira nº 33.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 53 m de lonxitude, con conductor tipo
R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. SDM709, entre o C.T. Mantelas e o paso aéreo subterráneo da mesma liña, ata o C.T. que se proxecta na 1º Travesía da Salgueira nº 33, do concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kVA-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 25 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra