Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o día 23 de novembro de 1999 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construcción.

Visto o texto do acordo asinado o día 23 de novembro de 1999 pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector de materiais e prefabricados da construcción (código 2700395), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (45,9%), Fecoma-CC.OO. (24,3%), USO (5,4%) e FCM-CIG (21,6%), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2000, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de decembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

-Asistentes:

* Representación sindical.

-Por MCA-UGT, co 45,9%:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

-Por Fecoma-CC.OO., co 24,3%:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

José Antonio Cabo Martínez.

-Por USO, co 5,4%:

María del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

-Por FCM-CIG, co 21,6%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

* Representación patronal (APEC).

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel Glez. Zaera Glez.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 23 de novembro de 1999, ás 20 horas, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio provincial de materiais e prefabricados da construcción, co obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 2000. Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Fixar como festivos do convenio para o ano 2000 os días 7 de xaneiro, 17 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro e 7 de decembro.

Segundo.-Adapta-lo calendario laboral á xornada de 1.760 horas anuais para dar cumprimento o artigo 70.1º do convenio xeral do sector da construcción, que se xunta a este acordo.

Terceiro.-Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora, Pilar Díaz Rodríguez, para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E, en proba de conformidade, asinan esta acta os integrantes da comisión negociadora, agás os representantes da FCM-CIG, no lugar e data indicados no encabezamento.