Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición dos equipos servidores en Windows/server, con destino ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. (Expediente 1/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702-Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 13 03.

b) Número de expediente: 1/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Adquisición dos equipos servidores en Windows/server, con destino ó CIXTEC.

b) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: público.

4. Orzamento base de licitación.

Douscentos millóns de pesetas (200.000.000 de ptas.)

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 4.000.000 de ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 8.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 28 de febreiro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particuares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse no Rexistro Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do día 6 de marzo do ano 2000, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 3 de xaneiro de 2000.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático

para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira

e Contable