Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación La Devesa, 5877, situada no concello de Ribadeo (provincia de Lugo) e promovido por Pizarras y Cuarcitas Manuel, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación La Devesa, no concello Ribadeo, provincia de Lugo e promovido por Pizarras y Cuarcitas Manuel, S.L.

2.-Para os devanditos efectos informativos, porase a disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

*Concello de Ribadeo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental