Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Seragua-FCC, S.A. UTE Lei 18/1982-Cangas.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Seragua-FCC, S.A. UTE Lei 18/1982-Cangas, con nº de código 3603232, que tivo entrada

nesta delegación provincial o día 29-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 23-11-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de decembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Empresa Seragua-FCC, S.A., Cangas-UTE

Convenio colectivo período 1-7-1999 ó 30-6-2002

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa Seragua, S.A., FCC, UTE Lei 18/1982 (Cangas-UTE), concesionaria do servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga de Cangas.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor ó día primeiro de xullo de 1999 (1-7-1999) sexa cal fose a data da súa publicación. Terá unha vixencia de tres anos, que rematará o 30 de xuño de 2002, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberá efectuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte asinante, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.

Artigo 4º.-Estructura salarial.

A estructura das retribucións do personal acollido a este convenio axustarase ós seguintes conceptos:

Salario base.

Complementos salariais.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

O salario base de convenio é o fixado na táboa anexa nº I.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa nº II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá, por este concepto o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa nº I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe cada unha delas dunha mensualidade, calculada sobre o salario base e maila antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e o 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreAboamento

Xaneiro, febreiro, marzoMarzo

Abril, maio, xuñoXuño

Xullo, agosto, setembroSetembro

Outubro, novembro, decembroDecembro

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade.

O complemento por traballos tóxicos fíxase en 1.250 ptas./mensuais por mes efectivamente traballado.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

1º ano de vixencia. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de dez mil pesetas (10.000 ptas.) mensuais por este concepto,

entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

2º ano de vixencia. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de doce mil pesetas (12.000 ptas.) mensuais por este concepto.

3º ano de vixencia. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de catorce mil pesetas (14.000 ptas.) mensuais por este concepto.

Artigo 10-bis.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime da obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro a aqueles traballadores que a súa función leve implícito o manexo do diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores durante a vixencia do convenio a cantidade de cinco mil pesetas (5.000 ptas.) por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Poderánse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vaia executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa nº III.

Artigo 12º.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de trinta pesetas quilómetro (30 ptas./km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Dispoñibilidade semanal e garda nos días non laborables.

Dispoñibilidade.

O venres de cada semana entrará de dispoñibilidade un traballador para atende-los avisos e tarefas corrrespondentes, prolongándose este servicio ata o venres seguinte.

Este traballador estará apoiado polo oficial de maior categoría para aqueles traballos que pola súa envergadura ou complexidade non sexa capaz de realizar el só, comunicando as situacions á xefatura do servicio, que será quen de decidir.

Os seus labores de vixilancia-reparación e mantemento comezarán ó remata-los horarios establecidos na xornada laboral ordinaria.

Tanto o traballador de dispoñibilidade como o oficial de maior categoría portarán durante a semana o buscapersoas correspondente fóra do horario laboral, onde recibirán tódolos avisos das situacións que

se produzan no servicio, debendo acudir, en principio, o traballador de dispoñibilidade coa prestancia suficiente para atende-la resolución das citadas situacións

As dispoñibilidades, de acordo co anteriormente descrito serán obrigatorias e rotativas entre tódolos traballadores, agás o oficial de maior categoría nese momento, que terá carácter de apoio permanente.

A retribución por estes conceptos será a seguinte:

Traballador de dispoñibilidade rotatoria: 9.500 ptas./semanais.

Oficial de apoio permanente: 19.000 ptas./mensuais.

Garda.

Os días non laborables, un traballador realizará polas diversas instalacións do servicio unha rolda de vixilancia e mantemento. Os horarios e tarefas que vai que desempeñar serán fixados pola xefatura do servicio.

Esta gardia será rotativa e obrigatoria entre tódolos traballadores do cadro de persoal, agás o oficial de maior categoría nese momento.

A retribución por este concepto será a seguinte:

3.500 ptas./día non laborable.

Retribuiranse como horas extraordinarias, as horas efectivamente traballadas nos seguintes casos:

a) Oficial de maior categoría: as horas realizadas fóra do horario normal.

b) Traballador de dispoñibilidade ou garda: as horas realizadas fóra do horario normal e do horario de garda.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para os períodos 1-7-1999 ó 30-6-2000 e 1-7-2000 ó 30-6-2001 será de 1.770 horas anuais. A xornada de traballo para o período 1-7-2001 ó 30-6-2002 será de 1.660 horas anuais; distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres, das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e fin de ano (31 de decembro), o horario será de 9 a 14 horas.

Para adapta-la xornada anual, durante os meses de maio a setembro, compensarase o exceso de horas en horario das 16 ás 19 horas.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo dentro de cada servicio, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado.

A retribución en período vacacional será: salario base, máis antiguidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patroa. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior ou posterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo do aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

15 días naturais en caso de matrimonio.

2 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos, ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

2 días naturais polo nacemento de fillo-a.

1 día por traslado de domicilio.

1 día por asuntos propios, logo de aviso previo de 72 horas.

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 18º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., será para cada un dos anos de vixencia de cento vinteoito mil (128.000) pesetas, con destino a tódolos traballadores.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución destes fondos e a contía que se vai aplicar en cada caso.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaqueta e pantalón: 2 ó ano.

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Luvas de caucho: segundo necesidades

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Xersei: 2 ó ano.

-Roupa de auga: cando o posto o requira

-Roupas de augas dun só uso nos seguintes casos:

1. Que o traballador/es realicen traballos nas redes de sumidoiros.

2. Que o traballador/es realicen traballos dentro dos pozos ou estacións de bombeo.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeiros de outubro para a roupa de inverno e o primeiro de xuño para a roupa de verán.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.500.000 ptas.

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.000.000 de ptas.

Artigo 21º.-Situación de incapacidade transitoria.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base, antigüidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 22º.-Seguridade e saúde laboral.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Artigo 23º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido neste convenio, rexerase polo disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 24º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria, que estará constituída por un representante dos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa, que formaran parte da comisión negociadora do convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos, que puidesen xurdir durante a vixencia deste convenio, deberán someterse, como trámite previo e perceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 25º.-Definicións de categorías.

Persoal técnico e administrativo:

Xefes de servicio.

Con coñecementos adecuados, teñen a dirección e o mando da explotación.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan ós seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos abonados nos rexistros da empresa ou entidade e cadernos ou outros medios que constan en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de cadernos de abonados e similares, que consonte as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, e poderán efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Persoal operario:

Oficiais de primeira.

Son os que, posuíndo un oficio determinado, practícano e aplícano con tal grao de perfección que non só lles permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de producción, das redes de distribución e saneamento; coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento das tarefas que estes efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou nas redes de distribución e saneamento

Este persoal poderá estar actuando ás ordes de persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de categoría inferior, sempre que o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que, con determinados coñecementos dunha especialidade, execútana ou axudan ós oficiais.

Peóns.

Desempeñan actividades rutineiras na empresa que non precisan formación específica.

Táboa anexa I

Retribucións

Categoría1 de xullo de

1999 ó 30 de xuño

de 2000

1 de xullo de

2000 ó 30 de xuño

de 2001

1 de xullo de

2001 ó 30 de xuño

de 2002

Persoal técnico e administrativo

Xefe de servicio155.000 ptas.158.565 ptas.162.212 ptas.

Auxiliar administrativo91.500 ptas.93.605 ptas.95.758 ptas.

Lector90.000 ptas.92.070 ptas.94.187 ptas.

Persoal operario

Oficial 1ª operario115.496 ptas.118.152 ptas.120.870 ptas.

Oficial 2ª operario112.496 ptas.115.083 ptas.117.730 ptas.

Oficial 3ª operario94.238 ptas.96.405 ptas.98.622 ptas.

Peón especialista90.000 ptas.94.383 ptas.95.976 ptas.

Peón89.325 ptas.93.708 ptas.95.281 ptas.

Táboa anexa II

Antigüidade

Categoría1 bienio2 bienios2B. e 1Q.2B. e 2Q.2B. e 3Q.

Todas1.700 ptas./mes3.400 ptas./mes7.600 ptas./mes12.000 ptas./mes16.000 ptas./mes

Táboa anexa III

Valor hora extra diurna, nocturna e festiva

Categoría

Persoal técnico e administrativo

Auxiliar administrativo1.500 ptas.

Lector1.500 ptas.

Persoal operario

Oficial 1ª operario1.800 ptas.

Oficial 2ª operario1.800 ptas.

Oficial 3ª operario1.500 ptas.

Peón especialista1.500 ptas.

Peón1.500 ptas.