Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/431-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Dozón.

Domicilio social: 36518-Dozón.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estación depuradora e bombeo augas. Polígono industrial.

Situación: Dozón.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.089 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 8 da L.M.T. ó polígono industrial de Dozón, ata o C.T. que se proxecta xunto ó río Pulgán, no concello de Dozón.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., de 38 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra