Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/68-2, 5164 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002-Lugo.

Denominación: reelectrificación de Vilarbetote (Trabada).

Situación: Trabada.

Características técnicas: L.M.T. ó C.T. de Vilarbetote de 148 metros a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Vilarbetote de 160 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V enlace de 220 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. coa R.B.T. existente de Vilarbetote.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Lugo, 2 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo