Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xaneiro de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería da Presidencia e Administración Pública ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da devandita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1º Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2º Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte de xaneiro de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Na relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Supresións:

Na páxina 8.668, no centro de destino SECRETARÍA XERAL, amortízase o posto de traballo PR.C02.00.000.15770.007-POSTO BASE GRUPO A.

Creacións:

Na páxina 8.673, no centro de destino DELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA, engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Código do posto: PR.C99.10.000.36001.007.

Denominación: AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

Vacante: SI.

Nivel: 12.

Complemento específico: 451.800.

Tipo posto: N.

Forma provisión: C.

Grupo: D.

Corpo/escala: XERAL.