Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999 relativa á convocatoria de concurso para adxudicar, en réxime de concesión administrativa, os servicios de piscina climatizada en Xinzo de Limia.

O BOP de Ourense nº 10, do 14 de xaneiro de 2000, publica resumo das bases económico-administrativas que rexerán o trámite para adxudicar mediante concurso en procedemento aberto a concesión dos servicios de piscina climatizada en Xinzo de Limia, así como tamén a convocatoria dese concurso.

As propostas poderán ser presentadas durante o prazo de vinteseis días naturais desde o seguinte a aquel en que este anuncio apareza no Diario Oficial de Galicia.

Xinzo de Limia, 20 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Iglesias Sueiro

Presidente