Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual 1 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria no campus universitario das Lagoas-Marcosende. (Expediente 5564/411).

O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 23 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria no campus universitario das Lagoas-Marcosende (expediente 5564/411), segundo a documentación presentada polo Vicerrectorado de Planificación da Universidade de Vigo, e redactada polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero da unidade técnica da universidade.

Procédese ó trámite de información pública do expediente, polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior circulación na provincia, conforme o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o mes contado desde o día seguinte da derradeira publicación. O expediente atópase ó dispor do público no departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 3 de xaneiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo