Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Fortunato.
Situación: Ferreira do Valadouro.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 10 m de lonxitude en conductor D.H.V. Centro de transformación de 630 kVA e relación 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 30 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo