Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación en Arcillá.
Situación: Cospeito.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 con final no C.T. da Grandela de 411 m de lonxitude. Liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 con final no C.T. do Sisto de 327 m de lonxitude. Centro de transformación da Grandela de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Centro de transformación do Sisto de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 3.950 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 30 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo