Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición, a título oneroso, de varias plantas do inmoble denominado Antiga Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo, situado na rúa Armando Durán, s/n, termo municipal de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público que se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación directa, con base nas peculiaridades dos bens, na adquisición das plantas semisoto, baixa, primeira e baixo cuberta, propiedade da Universidade de Santiago de Compostela, que forman parte do edificio coñecido como Antiga Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo, situado na rúa Armando Durán, s/n, de Lugo.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda