Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (791/1999-3).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado

núm. 791/1999-3, notifícase á entidade 3S Control y Servicios, S.L., o auto de data 9-12-1999 dictado neles, do cal encabezamento e parte dispositiva é como segue:

Auto: Na Coruña, 9 de decembro de 1999.

Antecedentes de feito.

1. Promovéronse estas actuacións -por demais constitutivas de autos número 791/1999-3 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital-, pola entidade 3S Control y Servicios, S.L. en calidade de parte recorrente, contra aquela precedente resolución de data 2 de marzo de 1999 dictada pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e que agora consta desde logo referenciada en autos.

2. En calquera caso, a dita referida parte recorrente omitiu ó promove-las presentes actuacións formula-la correspondente demanda, de forma que se dictou aquela precedente providencia que agora consta nas mesmas actuacións, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo de emenda por termo de dez (10) días para o efecto legalmente establecido e baixo expresa advertencia, no caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido o mesmo, de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta pois agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente mencionado sen que desde logo emendase por aquela parte promovente aquela omisión antes referenciada.

Acórdase: declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido por aquela parte recorrente antes aludida.

Notifíquese a presente resolución ás correspondentes partes comparecidas en debida forma e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interpoñer eventual recurso de apelación no prazo de quince días (15), contados a partir do día seguinte á súa correspondente notificación, perante este mismo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e perante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña José Manuel Ramírez Sineiro.

Dilixencia: seguidamente cúmprese o acordado do que, como titular da súa secretaría dou fe.

E para que sirva de notificación á entidade recorrente 3S Control y Servicios, S.L. en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 1999.

O secretario

Rubricado