Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (385/1999-3).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 385/1999-3, notifícase a Yolanda Álvarez Expósito, a providencia de data 4-5-1999 dictada neles, da cal contido é como segue:

Providencia maxistrado-xuíz.

Sr. Ramírez Sineiro.

A Coruña, 4 de maio de 1999.

Pola que S.Sª tendo en conta os autos número 385/1999 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña e antes de admiti-la demanda a trámite, acorda notificar á parte actora que entrando en vigor a Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE 793, do 12), a solicitude de designación de avogado e procurador de quenda de oficio, deberá formulala perante o Colexio de Avogados da Coruña (edificio novos xulgados, r/ Monforte, s/n 4ª planta), co obxecto de que a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta poida proceder ó estudio da mesma e decidir se concorren ou non os requisitos para a obtención da dita asistencia.

Todo iso co apercibimento de que no caso de non presenta-la solicitude dentro do prazo de trinta días, contados a partir da notificación da presente, procederase sen máis trámite ó arquivo das actuacións, debéndose acreditar perante este Xulgado do Contencioso-Administrativo a efectiva presentación da dita solicitude dentro dos dez (10) días seguintes ó remate do anterior prazo.

Dilixencia: seguidamente dáse cumprimento ó anteriormente acordado, do que como titular da súa secretaría, dou fe. Lugar e data ut supra.

E para que sirva de notificación á recorrente Yolanda Álvarez Expósito en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de decembro de 1999.

O secretario

Rubricado