Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-368).

Por resolución desta Alcaldía nº 67/00, con data do 11 de xaneiro de 2000, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización relativo ó Plan parcial do SUNP B-14-R, en Longora-Liáns, tramitado por Aurelio Ruenes Inversiones, S.A.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 14 de xaneiro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta