Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO para a selección de persoal funcionario.

Co fin de proceder á convocatoria de probas selectivas para cubrir unha praza de técnico de administración xeral, grupo B, vacante no cadro de per

soal funcionario do concello, incluída na oferta de emprego para 1999, a Alcaldía-Presidencia resolve:

Aproba-las seguintes bases específicas para a cobertura, mediante o sistema de concurso-oposición restrinxido, dunha praza de técnico de administración xeral (grupo B):

Bases específicas para o acceso á subescala xestión da administración xeral. Promoción interna.

1. Número e características das prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas para o acceso á escala de Administración xeral, subescala de xesitón (grupo B) do Concello de Nigrán, praza de xefe de sección. O número de prazas convocadas é dunha, que corresponde á vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público de 1999.

A selección rexerase, ademais de por estas bases específicas, polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo Pleno do Concello en sesión do 26 de xaneiro de 1996.

2. Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán, ademais de cumpri-los requisitos establecidos nas bases xerais, estar en posesión do título de diplomado universitario ou equivalente, e ser funcionarios en propiedade do Concello de Nigrán pertencentes ó grupo C, cunha antigüidade superior a dous anos.

3. Sistema selectivo.

Será por concurso-oposición.

4. Fase de concurso.

Nesta fase valoraranse os méritos acreditados polos aspirantes, segundo o seguinte baremo.

1) Antigüidade: por cada ano completo traballado ó servicio da Administración como funcionario pertencente ó grupo C:

a) Na Administración local: 0,4 puntos/ano.

b) Noutras administracións públicas: 0,2 puntos/ano.

A puntuación máxima neste concepto será de 5 puntos.

2) Méritos relacionados cos postos desempeñados, en función da súa similitude co que agora se convoca, valoraranse ata un máximo de 2 puntos.

3) Nivel de formación:

3.1. Outros títulos académicos distintos do esixido, ata un máximo de 4 puntos:

Doutor: 2,5 puntos.

Licenciado: 2 puntos.

Diplomado universitario: 1,5 puntos.

3.2. Cursos: relacionados cos cometidos propios do posto de traballo, ata 3,5 puntos, de conformidade co seguinte criterio:

-Por cada curso de duración igual ou superior a 75 horas: 1 punto.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso de menos de 30 horas: 0,20 puntos.

-Por asistencia a xornadas, seminarios ou similares: 0,10 puntos por cada un.

3.3. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación: 0,50 puntos. Curso de perfeccionamento: 1 punto. Curso de especialización en linguaxe administrativa galega: 1,50 puntos (só se valorará o de maior puntuación).

5. Fase de oposición.

Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro.-Contestar por escrito, no tempo máximo dunha hora e media, dous temas sacados ó chou, correpondentes ó programa que figura no anexo, a razón dun tema de entre os 30 primeiros e outro de entre os 30 últimos.

Segundo.-Realización, no tempo máximo de dúas horas, dun ou varios casos prácticos propostos polo tribunal, relacionados coas materias do programa. Poderanse usar textos non comentados.

Cualificación dos exercicios da oposición:

Os exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Cada un deles será valorado de 0 a 20 puntos e, para superarlos, será preciso acadar un mínimo de 10 puntos en cada un.

ANEXO

Parte xeral.

Tema 1. O Estado de dereito. Concepto e aproximación histórica.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa.

Tema 5. O poder xudicial. O poder lexislativo.

Tema 6. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 7. Os partidos políticos. Grupos de presión. A opinión pública.

Tema 8. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Tema 9. Organización e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 10. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 11. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras.

Tema 12. Fases do procedemento administrativo.

Tema 13. A teoría de invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 14. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 15. Contratos administrativos: concepto e clases. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 16. A expropiación forzosa. O procedemento expropiatorio.

Tema 17. Réxime local español: principios constitucionais. A provincia no réxime local galego.

Tema 18. Estructuras supramunicipais: mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 19. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 20. Organización municipal. Competencias municipais.

Tema 21. A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 22. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 23. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos de presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 24. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 25. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 26. O patrimonio das entidades locais. Clases de bens. Alleamento de bens.

Tema 27. A prestación de servicios polas entidades locais.

Tema 28. Os instrumentos de planeamento urbanístico.

Tema 29. A xestión e a disciplina urbanística.

Tema 30. As facendas locais. O orzamento.

Parte específica.

Tema 31. Solucións informáticas para os concellos: base de datos. Follas de cálculo.

Tema 32. Solucións informáticas para os concellos: tratamento de textos.

Tema 33. Solucións informáticas para os concellos: o rexistro de entrada e saída. O padrón municipal de habitantes.

Tema 34. Solucións informáticas para os concellos: o control de expedientes.

Tema 35. Solucións informáticas para os concellos: a xestión económica. Os sistemas de información xeográfica.

Tema 36. Solucións informáticas para os concellos: a información a través de Internet. Distintas aplicacións de Internet.

Tema 37. Solucións informáticas para os concellos: as redes locais. Intranet.

Tema 38. Solucións informáticas para os concellos: elaboración e análise da programación.

Tema 39. Solucións informáticas para os concellos: programación e Windows.

Tema 40. Normativa sobre a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas pola Administración.

Tema 41. Aproximación clásica ó estudio da burocracia.

Tema 42. O tipo ideal de burocracia. Teorías postweberianas sobre a burocracia.

Tema 43. Taylorismo e teorías formais da Administración.

Tema 44. A escola das relacións humanas: a súa aproximación ó estudio da organización.

Tema 45. Teoría da organización: a adopción de decisións nos contextos organizacionais.

Tema 46. Ampliación do obxectivo no estudio da organización. A esencia da organización. As cinco partes fundamentais da organización.

Tema 47. A organización como un sistema de fluxos.

Tema 48. Deseño de postos na organización.

Tema 49. Deseño da superestructura. Deseño dos vínculos laterais.

Tema 50. Deseño do sistema decisor.

Tema 51. A estructura efectiva das organizacións.

Tema 52. A Administración e a xestión dos seus recursos humanos.

Tema 53. A Administración e o cidadán. As oficinas municipais de información.

Tema 54. Os arquivos documentais.

Tema 55. Administración e seguridade pública.

Tema 56. Administración e comercio interior. A defensa dos consumidores.

Tema 57. Espectáculos públicos. Actividades molestas.

Tema 58. Competencias locais en materia de transporte de viaxeiros.

Tema 59. Administración e ambiente.

Tema 60. Administración e promoción do turismo.

Nigrán, 10 de decembro de 1999.

José M. Rial Cadaval

Alcalde