Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da xornada laboral para o ano 2000 do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da xornada laboral para o ano 2000, do convenio colectivo para o sector da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-12-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO, UGT e CIG, o 2-12-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de decembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión deliberadora do convenio da

construcción

Asistentes.

UGT

José C. Rodríguez del Río

Guillermo Simón López

Lourdes Diz Lorenzo

Francisco Peixoto

Jesús Crespo

CC.OO.

Francisco Estévez Rodríguez

CIG

Xosé Xoán Melón González

Alberto Fernández Campo

APEC

Ricardo Mirón Gutiérrez

Anselmo Hernández Luján

José M. Conde Roque

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz

En Vigo, o 2 de decembro de 1999, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe, nas representacións que se indican, co obxecto de fixa-la xornada laboral para o ano 2000.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 43 do actual convenio colectivo que, para o ano 2000, será de 1.760 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 43 do convenio colectivo relativo á xornada dirá textualmente:

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.760 horas, segundo o calendario laboral anexo.

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas, de luns a venres, durante toda a vixencia deste convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo, segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climatolóxicas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan supera-las nove horas diarias nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.760 horas acordadas para o ano 2000, os días 17 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro, 7 de decembro e 26 de decembro, terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

Estes días non serán computables para os efectos de desfrute das vacacións.

6. Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

Bueu, 13 de novembro.

Crecente, 15 de maio.

Moaña, 13 de novembro.

As Neves, 31 de xullo e 7 de agosto.

Poio, 26 de xuño.

Vilaboa, 13 de novembro.

7. En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.