Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudio de detalle na praia de Beluso.

Aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria do pasado día 3 de novembro, o estudio de detalle na praia de Beluso, de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do mencionado acordo no DOG e no BOP. Así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O que se fai público para os efectos oportunos, significándose que contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados de igual maneira.

Bueu, 30 de novembro de 1999.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde