Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de decembro de 1999 pola que se lle outorga a Hotel Palacio de Cristal, S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro regulador de crustáceos como anexo ó establecemento Hotel-Restaurante Palacio de Cristal en Burela (Lugo).

Visto o expediente iniciado por instancia de David Rivas Díaz, en representación de Hotel Palacio de Cristal, S.L., con CIF B-27.111.905, no que solicita permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro regulador de crustáceos como anexo ó establecemento Hotel-Restaurante Palacio de Cristal en Burela (Lugo).

Consideracións legais e técnicas:

-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

-Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura.

-Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos (DOG nº 216, do 5 de novembro).

-Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito e conta con informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

-Vista a proposta favorable da Delegación Territorial de Lugo do 31-3-1999.

Por todo o anteriormente exposto, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Hotel Palacio de Cristal, S.L. (CIF B-27.111.905) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: Hotel-Restaurante Palacio de Cristal, Avda. Arcadio Pardiñas, 154, Burela (Lugo).

-Superficies:

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 8,25 m.

Superficie de estabulación: 2,91 m.

Volume máximo de estabulación: 2.910 litros.

Número de piscinas: 3.

Primeira piscina: 1,20 mx0,80 mx1 m.

Segunda piscina: 1,30 mx0,85 mx1 m.

Terceira piscina: 1,30 mx0,65 mx1 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Terá unha vixencia de dez anos que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado por prazos iguais doutros dez anos. Esta petición presentarase nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia.

Segunda.-O lugar e as obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxectos presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación no DOG desta orde e quedarán rematadas no prazo dun (1) ano. Rematadas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, e na Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos, así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións; estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sétima.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de Facenda ou pola oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses; ámbolos prazos contaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas, e o

artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997,

DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura