Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento de actas previas a ocupación de predios afectados polo proxecto de instalacións do ramal a Feiraco, nos termos municipais de Ames, Brión e Rois.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia do 27 de outubro de 1999, autorizouse o proxecto de instalacións do ramal a Feiraco, que discorre polos termos municipais de Ames, Brión e Rois. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos concellos onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o dito artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedese, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente

autorizada e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar, á súa custa, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

O levantamento de actas terá lugar o próximo día 2 de febreiro de 2000, a partir das 9 horas no Concello de Brión, e a partir das 12 horas no Concello de Rois.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación desta rsolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularidade descoñecida ou con enderezo ignorado, da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Convocatoria actas previas á ocupación

Proxecto: ramal a Feiraco

Instalacións auxiliares-Abreviaturas utilizadas: LE=Liña eléctrica, PO=Posición

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

Termo municipal: Brión

C-BR-28Concello de Brión. Pedrouzos, s/n. 15865-Brión, A Coruña2Febreiro9

C-BR-43Descoñecido.2Febreiro9

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

C-BR-50José Barbeito Esturán. R/ República do Salvador, 25-7º C. 15701-Santiago de Compostela, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-139Alfonso Magán Conde. Adoufe. Os Ánxeles. 15280-Brión, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-143Descoñecido.2Febreiro9

C-BR-144Descoñecido.2Febreiro9

C-BR-197Alfonso Magán Conde. Adoufe. Os Ánxeles. 15280-Brión, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-205Alfonso Magán Conde. Adoufe. Os Ánxeles. 15280-Brión, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-207Alfonso Magán Conde. Adoufe. Os Ánxeles. 15280-Brión, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-223Rafael Pardo Pedernera. R/ Doctor Teijeiro, 30-2º. 15701-Santiago de Compostela, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-236Jesús Serramito Rogido. R/ A Estrada, 28-3º C. O Castiñeiriño. 15702-Santiago de Compostela, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-253Hdros. de Plácido Iglesias Gerpe. Pedrouzos, s/n. 15865-Brión, A Coruña.2Febreiro9

C-BR-265Descoñecido2Febreiro9

Termo municipal: Rois

C-RO-300-LEDescoñecido.2Febreiro12

C-RO-303-LEJosé Benito Lenzos Sebe. R/ A Oliva, 6 1º. 36001-Pontevedra.2Febreiro12

Termo municipal: Brión

C-RO-309-LEHdos. de Carmen Fontao Framil. Chave da Ponte-Bastavales. 15280-Brión, A Coruña.2Febreiro12