Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 855

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de vintecatro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

O artigo 6 da Lei 8/1983, do 8 de xullo, na súa letra b), establece que: «Compete ó Consello da Cultura Galega investigar e valora-las necesidades culturais do pobo galego».

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2000 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos sobre diversos aspectos da cultura galega.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas ó Consello da Cultura Galega na Lei 8/1983, do 8 de xullo, que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

O concurso ten por obxecto a adxudicación de vintecatro bolsas de colaboración nos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, e que se inclúen como anexos

esta resolución, nos que se detallan os requisitos específicos que deben reuni-los solicitantes.

Segunda.-Contía das bolsas.

As bolsas constan dunha asignación mensual coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.

A contía especifícase nos anexos correspondentes.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito suficiente na partida orzamentaria 03.01.111D.480.0, por unha contía máxima total de dezaoito millóns oitocentas dez mil pesetas (18.810.000), impostos incluídos, correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, condicionado o citado gasto á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2000, a teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto. A resolución desta convocatoria non poderá realizarse ata a aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2000.

Terceira.-Duración.

A especificada no anexo correspondente a cada bolsa, en ningún caso superior ó 31 de decembro de 2000.

A data de incorporación ó centro será dentro dos dez días seguintes ó da notificación da adxudicación. O bolseiro que non se incorpore no prazo establecido perderá os dereitos inherentes á bolsa concedida, salvo causa xustificada de atraso apreciada polo coordinador científico, quen llo comunicará á comisión executiva.

As bolsas poderanse prorrogar ata un máximo de tres anos, incluído o período inicial, á vista do traballo realizado polo bolseiro, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarta.-Requisitos xerais.

a) Ser español ou pertencer a un país membro da Unión Europea.

b) Posuír coñecementos de lingua galega.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

Quinta.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo, anexo XV, irán dirixidas ó presidente do Consello da Cultura Galega e entregaranse na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2ª planta, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros previstos no artigo

38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG, xunto coa documentación seguinte:

-Certificación académica persoal completa.

-Currículum vitae, xunto con cantos documentos poidan avalalo.

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

-Declaración xurada pola que se compromete a renunciar, se fose seleccionado, á percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas, e tamén de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario.

Sexta.-Selección.

A comisión cualificadora estará formada por dous membros da comisión executiva e o coordinador da ponencia ou programa que solicite a bolsa. Este último pode, pola súa vez, delegar no director do proxecto.

A comisión cualificadora valorará como méritos:

-Titulación do solicitante e expediente académico: ata un máximo de 2 puntos

-Currículum vitae do solicitante: ata un máximo de 3 puntos

-Experiencia investigadora e colaboración noutros proxectos de investigación similares: ata un máximo de 3 puntos.

Ademais do exame da documentación presentada, a comisión poderá convoca-los solicitantes a unha entrevista persoal, para valora-los seus coñecementos sobre o tema de investigación que se valorará ata un máximo de 2 puntos.

A comisión cualificadora poderá comprobar se os solicitantes posúen suficientes coñecementos de lingua galega para desempeña-la súa función.

O presidente da comisión propoñeralle ó presidente do Consello da Cultura Galega a relación de candidatos seleccionados para a adxudicación da bolsa.

Sétima.-Obrigas.

Os bolseiros desenvolverán o seu labor nos lugares e horarios establecidos nos correspondentes anexos.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nestas bases supoñerá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Oitava.

A convocatoria, as súas bases e todos aqueles actos administrativos que se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novena.-Pagamento da bolsa.

O pagamento da bolsa realizarase mensualmente, logo do informe do director de investigación, sempre que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO I

Dúas bolsas para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores de catalogación dos fondos sonoros.

Bolsa:

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser diplomado ou licenciado.

-Posuír coñecementos de biblioteconomía e documentación.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO II

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores de transcrición dos fondos sonoros.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

-Posuír experiencia en transcrición de textos.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO III

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores de investigación sobre o patrimonio musical galego.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Posuí-lo grao superior en música e/ou coñecementos demostrados na historia da música en Galicia.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catologación e busca documental.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO IV

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores de restauración, filtrado e duplicación de materiais sonoros e masterización de orixinais para edición.

Bolsa:

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser técnico de son ou persoa que demostre capacidade e/ou experiencia neste tipo de traballo.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO V

Tres bolsas para colaborar na Ponencia de Comunicación.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no proxecto de investigación «Galicia, un século de comunicación», que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en ciencias da información.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia investigadora.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VI

Dúas bolsas para colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requi

sitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e estudios ou traballos de sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VII

Unha bolsa para colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser diplomado ou licenciado.

-Posuír coñecementos de biblioteconomía e documentación.

Ademais, poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e estudios ou traballos de sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VIII

Unha bolsa para colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en ciencias da información.

Ademais, poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e estudios ou traballos de sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO IX

Dúas bolsas para colaborar na Ponencia de Lingua.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa:

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

Ademais, poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO X

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Lingua.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Bolsa.

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requi

sitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en socioloxía.

Ademais, poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XI

Cinco bolsas para colaborar no programa Arquivo da Emigración Galega.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no programa do Arquivo da Emigración Galega, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catologación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia investigadora preferentemente no ámbito dos estudios migratorios.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, centros de documentación de Galicia, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XII

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Cultura Galega no Exterior.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto de investigación «Traduccións de escritores galegos a outros idiomas», que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

-Posuír coñecementos de idiomas.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, centros de documentación de Galicia, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XIII

Dúas bolsas para colaborar na Ponencia de Patrimonio Natural.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no proxecto de investigación: «Galicia na idade do xeo», que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 6 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en bioloxía ou xeoloxía.

-Experiencia no coñecemento do Cuaternario en Galicia.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XIV

Unha bolsa para colaborar no programa «Museo Virtual Castelao».

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no programa «Museo Virtual Castelao», que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Duración: 11 meses.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

-Posuír amplos coñecementos de informática, principalmente en Internet e elaboración de páxinas Web.