Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 3 de xaneiro de 2000 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2000.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 2 de xaneiro de 1999 (DOG nº 4, do 8 de xaneiro), así como establece-los prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servicios de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda; por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os prezos esixibles pola prestación de servicios e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do carné xove Euro'26, carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

Artigo 2º

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos recollidos nas letras A.2.1 e A.2.2 do anexo I desta orde, relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude en instalacións en Galicia.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e ós servicios prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán, establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos.

Tarifa en ptas.

Por quincena 14.375

Por día 1.250

A.1.2. Albergues e residencias.

Por quincena 18.650

Por día 1.750

Estes prezos abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, a alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A.2.1. Campamentos.

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena) 16.600

Promoción normal (quenda de 10 días) 12.250

Promoción normal (quenda de 7 días) 8.550

Cursos de especialidade (por quincena) 20.350

Aulas de aire libre (por quincena) 17.100

Aulas de natureza (por quincena) 17.100

Curso de piragüismo (por quincena) 20.350

A.2.2. Albergues.

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena) 21.400

Promoción normal (quenda de 10 días) 14.150

Promoción normal (quenda de 7 días) 10.900

Cursos de especialidade (por quincena) 22.350

Cursos de idiomas estranxeiros (por quincena) 23.450

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí (quincena) 27.800

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena) 23.450

Rutas turístico-culturais e deportivas 23.450

Cursos de piragüismo (por quincena) 23.450

A.2.3. Campos de traballo.

Ámbito autonómico e nacional (por quincena) 10.000

Ámbito internacional (por quincena) 10.000

B. Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX), establécense os seguintes prezos por persoa:

ServiciosAta 26 anos Maiores de 26 anos

Pensión compl. 1.870 2.490

Aloxamento 800 1.175

Almorzo 100 200

Xantar ou cea 750 825

Para facer uso destes servicios deberase posuí-lo carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes), durante o curso 1999/2000, que abrangue do 1 de outubro de 1999 ó 30 de xuño de 2000.

Tarifa en ptas.

Residentes internos 36.800

Medio pensionistas externos (xantar e merenda) 14.950

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Adestramento/hora para infantís e xuvenís:

Sen enerxía eléctrica: 1.000.

Con enerxía eléctrica: 1.450.

Partidos:

Sen enerxía eléctrica: 1.400.

Con enerxía eléctrica: 2.650.

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Ata dezaoito anos e maiores/hora:

Sen enerxía eléctrica: 560.

Con enerxía eléctrica: 990.

D.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora 270

Maiores de 18 anos 370

D.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís 130

Maiores de 18 anos 270

E. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ó aire libre.

E.1. Acampadas (con tendas da entidade): 75 ptas./día e persoa.

E.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.000 ptas./día/grupo de ata 50 usuarios.

3.000 ptas./día/grupo de 51 a 100 usuarios.

5.000 ptas./día/grupo de 101 a 200 usuarios.

10.000 ptas./día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Carné xove Euro'26 900 ptas.

Carné Máis 900 ptas.

Carné alberguista xove 500 ptas.

Carné alberguista adulto 1.000 ptas.

Carné alberguista grupo 2.000 ptas.

Carné alberguista familiar 3.000 ptas.

Carné alberguista internacional 1.800 ptas.

Guía internacional de albergues 700 ptas.

Carné teacher (ITIC) 1.000 ptas.

Carné go'25 (FIYTO) 700 ptas.

Carné student (ISIC) 700 ptas.

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que

a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante:

A. Programa Vive a neve-2000

Andorra 46.000 ptas.

Candanchú 46.000 ptas.

Manzaneda 15.000 ptas.

B. IV Xuntanza de xoves investigadores 8.000 ptas.

C. Programa Imos ó mar (prezos por persoa e praza) 500 ptas.

D. Programa Coñece a Galicia Verde (prezos por persoa e praza) 500 ptas.

E. Programa Coñece España 22.500 ptas.

F. Programa Conducción Segura 3.000 ptas.

G. Congreso Internacional de Xuventude A cidade do mañá e o seu patrimonio cultural.

Inscrición 3.000 ptas.

Inscrición + aloxamento 6.000 ptas.

H. Programa Actividades de educación medioambiental 3.000 ptas.