Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 824

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 16 de novembro de 1999, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de citación para notificacións por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.

SUXEITO PASIVOCONCEPTO/OBX. TRIBUTARIOACTO QUE SE NOTIFICA

B-33.390.949 CAÑACEL, S.L.SANCIÓN EXP.: 1997/1160 XUS.,INT. E R.LA.PROVIDENCIA DE

CONSTRINXIMENTO

B-33.390.949 CAÑACEL, S.L.SANCIÓN EXP.: 1997/13/97 XUS.,INT. E R.LA.PROVIDENCIA DE

CONSTRINXIMENTO

B-33.390.949 CAÑACEL, S.L.SANCIÓN EXP.: 1997/326 XUS.,INT. E R.LA.PROVIDENCIA DE

CONSTRINXIMENTO

B-33.390.949 CAÑACEL, S.L.SANCIÓN EXP.: 1998/329 XUS.,INT. E R.LA.PROVIDENCIA DE

CONSTRINXIMENTO

B-33.259.268 EXCLUSIVAS PÉREZ RUIZ, S.L.SANCIÓN EXP.: 1998/LU-00430-O P.TER.OPROVIDENCIA DE

CONSTRINXIMENTO

En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Principado de Asturias, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na Delegación ou Administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, entenderase producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.

Oviedo, 16 de novembro de 1999.

Mª Teresa Pisano Avello

Xefa da Dependencia de Recadación de Oviedo