Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S. OU-39/1999 e E.S. OU-45/1999, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de inspeccións e sancións da delegación provincial e secretaria a

Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 2 de decembro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente E.S. OU-39/1999.

Responsable: Ramón Grande Castro.

Enderezo: Juan Guerra Valdés, 1, bloque I, 1º D. 32600 Verín.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (Art. 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.

-Expediente E.S. OU-45/1999.

Responsable: José Antonio Fernández Pérez.

Enderezo: estrada Barra de Miño, bloque III, 3º C. 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (Art. 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.