Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación dos concursos abertos que se citan. (Expediente 12-43-99-C-03 e dous máis).

O presidente de Portos de Galicia, en virtude do disposto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu a adxudicación dos concursos abertos que a continuación se indican:

A) Instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Portosín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente: clave 12-43-99-C-03.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: selección dunha oferta para outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Portosín.

b) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 122, do día 28 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 23 de novembro de 1999.

b) Adxudicatario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

B) Construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa en Muros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente: clave 12-38-99-C-01.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: selección dunha oferta para outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa en Muros.

b) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 122, do 28 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 26 de novembro de 1999.

b) Adxudicatario: deserto.

c) Nacionalidade:

C) Contratación da subministración e instalación de material técnico de laboratorio e moblaxe para equipamento dos postos de inspección fronteiriza (P.I.F.) dos portos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Laxe.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Clave:

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración e instalación de material técnico de laboratorio e moblaxe para equipamento dos postos de inspección fronteiriza (P.I.F.) dos portos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Laxe.

b) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 211, do 2-11-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4 Orzamento base licitación.

a) Importe total: 5.365.000 pesetas (32.244,29 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de decembro de 1999.

b) Adxudicatario: Gallega de Material Científico, S.A. (Gamacisa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 5.365.000 ptas. (32.244,29 euros).

Outras informacións: contra os citados actos administrativos, que poñen fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, á elección do interesado, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia