Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Advertido erro na devandita cédula, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 244, do martes, 21 de decembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 14.959, na primeira fila do anexo, referente á empresa Gacopsa, S.A., nº de expediente 538/1998 (RO), 169/1998 (PO), 387/1998 (AI); na última columna que reflicte a sanción imposta, onde di: «50.000 ptas.», debe dicir: «500.000 ptas.».