Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral para o ano 2000 do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña.

Visto o expediente do calendario laboral para o ano 2000 do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña, que tivo entrada na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3-12-1999, subscrito en representación da parte económica por Apecco, e, da parte social, por UGT, CC.OO. e CIG, o día 29-11-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de decembro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 4 do convenio da construcción

da provincia da Coruña

Asistentes:

-Por Apecco:

Antón Arias Díaz-Eímil

Silviano Pizarro Gómez

Benigno López Bueno

Antonio Fernández Chao (asesor)

Miguel García Eiroa (secretario)

-Por UGT:

Jesús Calvo Romero

Celestino Pérez Vázquez

-Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez

Santiago Huertas Pozurama

-Pola CIG:

Faustino Barcia Santos

Victorino Ares Prado

Na cidade da Coruña, o 29 de novembro de 1999, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de APECCO os que se relacionan arriba, para negociaren o calendario laboral que rexerá para ano 2000.

Aberta en sesión e despois dunha ampla deliberación con relación ó mencionado calendario, acórdase aprobar por unanimidade o que se xunta á presente acta, que entrará en vigor o primeiro de xaneiro de 2000.

En consecuencia, páctanse como festivos para ano 2000 os seguintes:

7 de xaneiro

6 de marzo

17 de maio

24 de xullo

14 de agosto

13 de outubro

7 de decembro

Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo de convenio (F.C.-8), este pasará o día laboral anterior.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do calendario indicado ante a delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data indicados arriba.

Convenio Provincial de Edificación e Obras Públicas da Coruña

Calendario laboral para o período do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2000

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroDías

1Sáb. F.N.88SábadoF.N.8Sábado88DomingoF.N.81

2Domingo88Domingo88Domingo8Sábado88Sábado2

388888Sábado88Domingo88Domingo3

488Sábado88Domingo8888Sábado84

58SábadoDomingo8888Sábado88Domingo85

6F.N.DomingoF.C.8/*8Sábado88Domingo888F.N.6

7F.C.-88F.L.8Domingo8888Sab. FL8F.C.87

8Sábado88Sábado88Sábado88Domingo8F.N.8

9Domingo88Domingo88Domingo8Sábado88Sábado9

1088888Sábado88Domingo88Domingo10

1188Sábado88Domingo8888Sábado811

128SábadoDomingo8888Sábado8F.N.Domingo812

138Domingo88Sábado88Domingo8F.C.-88813

148888Domingo88F.C.-88Sábado8814

15Sábado88Sábado88SábadoF.N.8Domingo8815

16Domingo88Domingo88Domingo8Sábado88Sábado16

178888F.C.8Sábado88Domingo88Domingo17

1888Sábado88Domingo8888Sábado818

198SábadoDomingo8888Sábado88Domingo819

208Domingo8F.N.Sábado88Domingo888820

21888F.N.Domingo8888Sábado8821

22Sábado88Sábado88Sábado88Domingo8822

23Domingo88Domingo88Domingo8Sábado88Sábado23

2488888SábadoF.C.-88Domingo88Domingo24

2588Sábado88DomingoF.N.888SábadoF.N.25

268SábadoDomingo8888Sábado88Domingo826

278Domingo88Sábado88Domingo888827

288888Domingo8888Sábado8828

29Sábado88Sábado88Sábado88Domingo8829

30Domingo8Domingo88Domingo8Sábado88Sábado30

31888888Domingo31

Horas/mes1521681681441681761521681681601681361.928

Días/mes192121182122192121202117241

Días do ano 366Total horas de traballo... 1.984

Sábados -51

Domingos -5330 días naturais de vacacións= -168

Festivos nacionais -12

Festivos locais -21.760 1.816

Días de traballo anual 248

Adapt. Conv. Nacional -7Adapt. Conv. Nacional -56

Total días de traballo 241 1.928Total horas efectivas de traballo 1.760

Notas:

1. As festas locais 7 de marzo e 7 de outubro refírense ó Concello da Coruña. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP nº 250 do 30-10-00.

2. Os días sinalados como (FC) teñen tratamento de festivo no ano 2000 para dar cumprimento ó artigo 70.1º do convenio xeral do sector da construcción, publicado o 28 de xaneiro de 1988 e publicado no BOE con data do 4-6-1998, non perdendo, por tanto, o seu carácter laboral para futuros convenios.

3. Cando un festivo local (F.L.) coincida con algún festivo convenio (F.C.), este pasará ó anterior laboral.

4. Nos concellos en que o día 7 de marzo non sexa festivo local (F.L.), o día sinalado no calendario con festivo convenio (F.C.) pasa a desfrutarse o día 7 de marzo.

5. Faise constar expresamente que o día 17 de maio, Días das Letras Galegas, non será recuperable.

6. Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 70.4º do convenio xeral do sector.