A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 2-12-1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle de agregación de predios e definición de volumetría e estética na rúa Nova, números 80 e 82, solicitado por Isauro Díaz Mouriz.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen
prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 9 de decembro de 1999.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto Alcaldía nº 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de área