Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 14-12-1999, acordou inicia-los trámites para a contratación do servicio que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este anuncio polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público.

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, número 1. 36500-Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: servicio de mantemento e conservación das zonas verdes, parques, xardíns e arboredo do municipio de Lalín e das instalacións deportivas do campo de fútbol M. Ángel Cortizo.

Orzamento: 18.000.000. de pesetas para o lote 1. (4.500.000 ptas. IVE incluído por cada anualidade), e 5.200.000 ptas. para o lote 2 (1.300.000 ptas. IVE incluído por cada anualidade).

Duración do contrato: 4 anos (2000 a 2004).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do plazo de 13 días naturais contados a partir do día da publicación do último dos anuncios indicados das nove ás catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 5 de xaneiro de 2000.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental