Aprobado inicialmente estudio de detalle promovido por Calixto Veiga Veiga e outros, referido a parcela urbana na unidade de execución UEI-5b das normas do planeamento urbanístico de Betanzos, sita na Avda. Jesús García Naveira, exponse ó público por espacio dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que se consideren procedentes.
O expediente de referencia queda de manifesto durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-Edificio Liceo.
Betanzos, 11 de novembro de 1999.
Antonio Lagares Pérez
Delegado de Urbanismo