Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente estudio de detalle promovido por José Suárez Castro e outros, referido a parcela urbana na unidade de execución UEI-5a das normas do planeamento urbanístico de Betanzos, sita nas Cascas, exponse ó público por espacio dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que se consideren procedentes.

O expediente de referencia queda de manifesto durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-Edificio Liceo.

Betanzos, 11 de novembro de 1999.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo