Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar no ámbito da unidade de actuación UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense, para a construcción do VPO de réxime xeral, prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera, ás persoas que se relacionan (Francisco Cerviño Casanova e seis máis), devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e en cumprimento do disposto nos artigos 38 e 39 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime de solo e valoraciónsn (BOE do 14 de abril), o artigo 146.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG do 26 de marzo), o artigo 209 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto (BOE do 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 1979) e demais disposicións aplicables conforme a Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE do 17 de decembro) e o Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE do 20 de xuño), notifícaselles ós interesados, cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar no ámbito da

unidade de actuación UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense para a construcción de VPO de réxime xeral, prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera que terá lugar o vindeiro día 20 de xaneiro de 2000 ás 10 horas no salón de actos do Concello de Ourense en presencia do representante da administración,

do representante do beneficiario e do representante do concello.

Ourense, 27 de decembro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Interesado: Francisco Cerviño Casanova.

Predio que se vai ocupar: 1.

Calidade na que se cita: propietario.

Último enderezo coñecido: r/ Conca de Abaixo, nº 4, 32005 Ourense.

-Interesados: Etelvino Silva Nóvoa e Isolina Vázquez Boán.

Predio que se vai ocupar: 2.

Calidade na que se cita: arrendatarios.

Último enderezo coñecido: r/ Conca de Abaixo, nº 5-1º, 32005 Ourense.

-Interesado: Luis Álvarez Rodríguez.

Predio que se vai ocupar: 3.

Calidade na que se cita: propietario.

Último enderezo coñecido: r/ Julio Prieto Nespereira, nº 1, 23005 Ourense.

-Interesado: Antonio Barreiro Soto.

Predio que se vai ocupar: 4.

Calidade na que se cita: propietario.

Último enderezo coñecido: r/ Cardenal Quevedo, nº 34-3º, 32004 Ourense.

-Interesada: Concepción Martínez Cougil.

Predio que se vai ocupar: 6.

Calidade na que se cita: propietaria.

Último enderezo coñecido: Travesía de Vigo, nº 63-6º, 36206 Vigo (Pontevedra).

-Interesada: Mónica Martínez Iglesias.

Predio que se vai ocupar: 6.

Calidade na que se cita: arrendataria.

Último enderezo coñecido: r/ Julio Prieto Nespereira, nº 15 interior, 32005 Ourense.