Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e expediente anticipado de gasto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica, consistente na elaboración de proxectos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de residuos sólidos urbanos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: elaboración de proxectos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de residuos sólidos urbanos.

Prazo de execución: catro meses (no caso de ser necesario realizar modificacións polos resultados da declaración ambiental, concederase un prazo adicional dun mes, a partir da notificación da declaración ambiental).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns duascentas setenta e seis mil catrocentas oitenta e seis (9.276.486) pesetas, IVE incluído.

5. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata: cento oitenta e cinco mil cincocentas trinta (185.530) pesetas.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata: trescentas setenta e unha mil cincuenta e nove (371.059) pesetas.

7. Documentación e información.

Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente