Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 699

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DO CARBALLIÑO

CÉDULA de notificación (51/1999).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do Carballiño, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 51/1999, contra Laura Rodríguez Fernández e Isidro Allende Fernández, o cal se encontra en ignorado paradoiro. Neste procedemento, o xuíz Jesús Manuel Carrasco San Eustaquio, o día 4 de setembro de 1999, dictou sentencia coa seguinte decisión:

«Que debo absolver e absolvo a Laura Rodríguez Fernández e Isidro Allende Fernández de todos cantos cargos se lles imputaban neste xuízo de faltas, con declaración de oficio das custas procesuais devengadas.

Notifíquese esta sentencia ó Ministerio Fiscal e a aqueles que teñan a condición de parte; fagáselle saber que esta resolución non é firme, e que cabe contra ela recurso de apelación, que haberá de ser interposto perante este mesmo Xulgado de Instrucción, por escrito, no que necesariamente deberán consta-las causas ou motivos que xustifiquen a impugnación, nos cinco días seguintes ó da notificación da sentencia desta resolución, e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación literal ós autos, con inclusión do orixinal no libro de sentencias, acórdao, mándao e asínao Jesús Manuel Carrasco San Eustaquio, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do Carballiño.».

E para que conste e para que lle sirva de notificación en forma da sentencia ó denunciado en ignorado paradoiro, Isidro Allende Fernández, expido, selo e asino esta cédula no Carballiño o 10 de decembro de 1999.

O secretario

Rubricado