Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de decembro de 1999 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 248, do 27 de decembro de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 15.120, anexo I da dita orde, onde di: «O cuarto exercicio, consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ó 20 e outro do 21 ó 40, dous temas de dereito administrativo, un do 1 ó 29 e outro do 30 ó 55; dous de Facenda pública e un de dereito penal. Os temas serán designados ó chou, expoñeranse polo orde indicado e o tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos», debe dicir: «O cuarto exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ó 24 e outro do 25 ó 42; dous temas de dereito administrativo, un do 1 ó 30 e outro do 31 ó 57; dous de Facenda pública e un de dereito penal. Os temas serán designados ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco

minutos».